Universidade de Vigo

European Language Equality (ELE)

Ano: 2021

Investigador principal: Carmen García Mateo

Fonte financiación: Unión Europea, DGCOMM

Período: 01/01/2021 - 30/06/2022

ID: 101018166

https://european-language-equality.eu/

O obxectivo principal de ELE foi preparar o Programa Europeo de Igualdad Lingüística, en forma dunha axenda estratéxica de investigación, innovación e implementación e unha folla de ruta para lograr a plena igualdade lingüística dixital en Europa para o 2030. O consorcio de 53 socios xuntou a comunidade europea de tecnoloxías da linguaxe, lingüística computacional e de intelixencia artificial centrada na linguaxe, así como con representantes de iniciativas e asociacións relevantes, comunidades lingüísticas e grupos de RML.

Os socios detallaron a situación con respecto ás 77 linguas do proxecto. Cada iniciativa de rede produciu un informe no cal recolleron e presentaron o seu estudo.

Desde atlanTTic analizaron a situación en canto a recursos, servizos e comunidades de falantes do galego.