Universidade de Vigo

Intelixencia conversacional para asistentes interactivos orientados á linguaxe (CELIA)

Ano: 2022

Investigador principal: Francisco Javier González Castaño

Fonte financiación: GAIN Xunta de Galicia. Programa Ignicia

Período: 01/01/2022 - 31/12/2023

ID: IN855A 2021/04

https://celiatecuida.com/

Celia naceu coa visión de combater o crecente problema da soledade non desexada na nosa sociedade, ofreciendo un asistente de saúde que mellore a súa calidade de vida e axude ao diagnóstico precoz de problemas de saúde mental.

O obxectivo desta ferramenta é permitir que persoas maiores con deterioro cognitivo leve obteñan de xeito áxil e sinxelo información do seu interese, que se lles presenta en linguaxe natural. Para conseguilo bótase man de diferentes tecnoloxías: chatbots, ou aplicacións informáticas baseadas na intelixencia artificial que permiten simular a conversa cunha persoa; análise de sentimento; algoritmos de machine learning; xeración de linguaxe natural… todo baixo unha aplicación Android amigable.