A principal fórmula da transferencia tecnolóxica ao tecido industrial é a creación de empresas de base tecnolóxica promovidas polo persoal investigador (spin-offs), especialmente nun eido como o das Tecnoloxías de Telecomunicación onde a conexión entre a investigación e o mercado é obrigada.
Nos últimos anos foron creadas as seguintes:
SPARC
SPARC é o acrónimo de III-V Semiconductor Foundry and Advanced Photonics Research Center, a primeira foundry con participación da UVigo orientada ao desenvolvemento e fabricación de produtos fotónicos que conteñan chips de semiconductores III-V para terceiros, con estimación do inicio da súa actividade no 2025.
Creador/es: Francisco Javier Díaz Otero, Carlos Mosquera Nartallo
EM3works
Empresa de base tecnolóxica especializada en actividades de enxeñaría relacionadas con compatibilidade electromagnética (EMC), interferencia (EMI) e niveis de radiación (RADHAZ).
Creador/es: Fernando Obelleiro Basteiro, Jose Luis Rodríguez Rodríguez
Circadian Ambulatory Technology & Diagnostics
Empresa adicada á comercialización de servizos de avaliación de risco, individualizado e/ou poboacional, cardiovascular, metabólico e renal, así como a identificación precoz de complicacións hipertensivas en embarazo, a través dun software propio a partir de parámetros prognósticos derivados da medida ambulatoria da presión arterial (MAPA).
Creador/es: Ramón Carmelo Hermida Domínguez, José Ramón Fernández Bernández, Artemio Mojón Ojea, Diana Elva Ayala García
Alén Space
Alén Space pon ao alcance os servizos de nanosatélites con solucións integrais que abarcan a consultoría, deseño, fabricación e operación de pequenos satélites.
O seu equipo, con máis dunha década de experiencia no desenvolvemento de tecnoloxía espacial, foron pioneiros do New Space, lanzando ao espazo o primeiro nanosatélite español en 2012. En xuño de 2023, a compañía intégrase no conxunto de sociedades de GMV.
Creador/es: Fernando Aguado Agelet
Ancora Mobile
Ancora desenvolve e comercializa ferramientas dixitais que simplifican a conexión dos traballadores de liñas de fabricación. Trátase dunha tecnoloxía que combina software (interface virtual) con dispositivos móviles e pantallas e periféricos de sobremesa permitindo interactuar ao traballador coa factoría intelixente.
Creador/es: Felipe Gil Castiñeira, Francisco Javier González Castaño