Explorar as enormes posibilidades que se abren no campo da educación ou a saúde, a través de tecnoloxías como a Intelixencia Artificial, é un dos nosos eixes de actuación. O persoal investigador de atlanTTic traballa no deseño e desenvolvemento de aplicacións e servizos dixitais na contorna educativa, a través de plataformas de educación dixital, e no ámbito sanitario e socio sanitario, para axudar á detección e mellora de pacientes por medio de asistentes conversacionais intelixentes ou a cronobioloxía.
A ubicuidade de Internet e o uso masivo dos dispositivos móbiles están a provocar un novo paradigma social onde se xeran multitude datos (audio, vídeo, localización etc.) de forma consciente e/ou inconsciente. Neste contexto, o traballo de atlanTTic nos servizos electrónicos xoga un papel clave na explotación de toda esta información e metainformación. Tecnoloxías como a computación na nube e a xestión de datos constitúen elementos clave para a inxesta, automatización, procesado, almacenamento e distribución de inxentes cantidades de datos heteroxéneos así como para a súa posta en valor mediante a súa aplicación en ámbitos como a educación, a saúde, a industria, agricultura, medioambiente ou o espazo.
A Intelixencia Artificial (IA), como vector transversal aos servizos dixitais permitiu grandes avances no ámbito das tecnoloxías multimedia (procesado de linguaxe natural, xeración de linguaxe natural (NLG), procesado de imaxes etc.).

Os servizos dixitais constitúen unha das nosas puntas de lanza en eidos como a saúde e educación dixital, servizos electrónicos, multimedia, xestión de datos…
Liñas de investigación:
- Saúde dixital
- Educación dixital
- Servizos electrónicos e intelixentes
- Tecnoloxías multimedia
- Xestión de datos