Universidade de Vigo

O principal activo do centro son as persoas. Para atlanTTic a atracción, desenvolvemento e retención do talento investigador resultan decisivos para garantir os elevados niveis de recoñecemento e impacto da nosa actividade. Máis alá dos aspectos puramente relacionados coa excelencia científica, os nosos valores inclúen aspectos como a integridade científica, a ética, a igualdade, a inclusión e a diversidade.

Emprego

Ofertas de emprego en curso:

Formación académica

O Centro de Investigación atlanTTic colabora coa Universidade de Vigo e a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación no desenvolvemento e xestión de diferentes programas de formación en tecnoloxías de vangarda. Gran parte do persoal investigador do Centro coordina ou forma parte do panel docente destes estudos especializados, destinados a ofrecer unha formación moderna, de calidade e cunha profunda visión práctica que permita alcanzar unha investigación de excelencia a nivel nacional e internacional.