
Este proxecto ten como finalidade reforzar as capacidades de ensino superior nas universidades marroquís mediante a creación dunha plataforma compartida de cursos en liña (MOOC e SPOC).
As principais accións inclúen fomentar a adopción dun modelo de aprendizaxe híbrida (combinación de presencial e dixital), apoiar ás institucións marroquís no deseño de contidos pedagóxicos innovadores en seis ámbitos prioritarios (administración de empresas, dereito, ciencias, enxeñaría, agricultura e pesca, saúde) e implantar a plataforma MarMOOC para que universidades públicas e privadas poidan acceder e compartir estes recursos.
O proxecto estivo financiado pola Unión Europea no marco do programa Erasmus+ Capacity Building in Higher Education (referencia 573583-EPP-1-2016-1-ES-EPPKA2-CBHE-SP).