QCALL é unha rede europea de doutoramento innovadora que se esforza por dar os próximos pasos necesarios para achegar as tecnoloxías cuánticas en desenvolvemento ás portas dos usuarios finais. QCALL formará a 15 persoas nesta área para proporcionar comunicacións seguras no continente europeo e, a longo prazo, ás súas conexións en todo o mundo. Desde atlanTTic abordaranse as novas implementacións, protocolos e servizos de criptografía cuántica que permitirán a súa explotación xeralizada.
Os países implicados neste proxecto son o Reino Unido, Francia, Alemaña, Italia, Suíza e España.