Este proxecto desenvolve unha solución innovadora para a detección temperá, o mapeado e a predición do comportamento dos incendios forestais mediante a combinación de sensores terrestres infravermellos, unha constelación de picosatélites e vehículos aéreos non tripulados (UAVs).
O sistema integra os datos captados polos sensores instalados no terreo, que achegan información como a localización do foco, condicións meteorolóxicas ou dinámica do lume; estes datos envíanse á estación satélite e posteriormente á plataforma de misión, desde onde os UAVs sobrevoan a zona para recoller imaxes de alta resolución.
O obxectivo final consiste en ofrecer aos servizos de emerxencia e centros de coordinación unha ferramenta que permita coñecer con rapidez e precisión a extensión, evolución e risco asociado aos incendios para optimizar a resposta, reducir os danos ambientais e mellorar a seguridade.
Wildfire Picosatellite Constellation & UAVs Remote Sensing: Active fire mapping and management (FIRE-RS)
Ano: 2016
Investigador principal: Fernando Aguado Agelet
Fonte financiación: Fondos FEDER, Interreg Sudoe
Período: 01/07/2016 - 30/06/2019