

Este proxecto ten como finalidade fortalecer as condicións de vida das persoas maiores de 55 anos no medio rural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, mediante o desenvolvemento de novos modelos de intervención social apoiados en tecnoloxía e innovación.
Inclúe a creación de unidades móbiles de servizos sociais, espazos “amigables” de vivenda (housing) e fogares dixitais que facilitan o acceso a atención, asistencia e redes de apoio comunitario próximas.
O proxecto promove a cooperación transfronteiriza entre autoridades, centros de servizos sociais, tecnoloxía e comunidade, co obxectivo de artellar unha rede densa de apoio e asistencia, accesible e adaptada ás necesidades do envellecemento rural.