
Este proxecto ten como obxectivo apoiar ás pemes innovadoras da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal no proceso de transferencia e valorización de nanotecnoloxías de valor engadido.
A iniciativa organiza unha rede de centros de investigación e tecnolóxicos que colaboran con empresas (“early adopters”) para definir novos produtos e servizos susceptibles de explotación comercial, e así dar resposta ás debilidades identificadas na Estratexia de Especialización Intelixente da rexión.
Dentro das actividades contempladas, inclúense o desenvolvemento de casos de uso (10 “use-cases” de nanotecnoloxía) e convocatoria de experimentos (22 selecionados) nas empresas para elevar o nivel tecnolóxico (TRL) cara á comercialización.
Ademais, un dos ámbitos de aplicación prácticos contemplados é o desenvolvemento dun nanosensor para detectar biotoxinas en mexillóns, entre outros exemplos industriais da Eurorrexión.