Universidade de Vigo

Álvarez Sabucedo, Luis Modesto

Álvarez Sabucedo, Luis Modesto
Profesor/a titular de universidade
Grupo de investigación
Contacto
Despacho B-305

Son enxeñeiro de telecomunicación desde o 2001 pola Universidade de Vigo e doutor polo Departamento de Telemática desde o 2008. Exercín como profesor baixo diversas figuras desde o 2003 ata o presente día no que desempeño a figura de Profesor Titular. A miña área principal de investigación céntrase nas chamadas tecnoloxías Web e, en particular, a Web Semántica. Todo iso aplicado a ámbitos de eTecnología, fundamentalmente, eGovernment, eHealth e eCommerce. Esta actividade de investigación enmárcase en diferentes proxectos de investigación tanto nacional como internacional. Froito deste traballo, xeráronse gran cantidade de comunicacións científicas. Estas foron publicadas tanto en revistas indexadas por fontes de recoñecido prestixio e como en congresos internacionais recoñecidos como relevantes (índice CORE).