Universidade de Vigo

De Lorenzo Rodríguez, María Edita

De Lorenzo Rodríguez, María Edita
Profesor/a titular de universidade
Grupo de investigación
Contacto
Despacho A-017

Traballa na Universidade de Vigo dende 1993 despois de facelo na Universidad de Valladolid e participar en varias estancias na Northeastern University (Boston, EEUU). Enxeñeira de Telecomunicación (1992) e Doutora (1997) en Enxeñaría de Telecomunicación pola Universidade de Vigo. Actualmente é Profesora Titular do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da UVigo (dende 1998). As súas liñas de investigación se encadran dentro da análise e síntese de antenas e os sistemas de detección radar. Ademais colabora nas seguintes entidades como: Vicedecana / Vicepresidenta do COETG/AETG, maio 2017. Secretaria da Xunta Directiva da Asociación PuntoGal, xuño 2017. Vogal da Unidade de Muller e Ciencia de Galicia dende 2011. Foi: Directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (feb. 2009 – mar. 2015). Coordinadora do Máster Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade de Vigo (mar. 2015 – ag. 2017). Directora Xeral de .GAL (2014 – 2017). Comisionada para o Vigo Tecnolóxico na Universidade de Vigo (mar. 2017 -xuño 2018). Cofundadora da sección española do WIE (Women in Engineering), capítulo do IEEE. Ademais de ser autora e coautora de artigos e publicacións científicas, ter participado en numerosos proxectos de investigación relacionados con sistemas de comunicacións é revisora de varias revistas científicas e da ANEP (Agencia Nacional de Evaluación e Prospectiva).