Universidade de Vigo

Mosquera Nartallo, Carlos

Mosquera Nartallo, Carlos
Catedrático/a de universidade
Grupo de investigación
Contacto
Despacho A-507

Carlos Mosquera Nartallo é Catedrático no Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo. Ten o título de Doutor en Enxeñería de Telecomunicacións por esta mesma Universidade, e o título de Máster en Electrical Engineering por Stanford University. Fixo estadías de investigación na Axencia Espacial Europea (ano 1999), na University of New Mexico (ano 2007), e na University of York (2013). É coautor de máis de cen publicacións en revistas e congresos, e de dous libros, e ten diferentes patentes en colaboración coa industria. Ademais de participar na organización de diversos congresos internacionais e sesións especiais, foi revisor para diferentes axencias de investigación europeas. É membro da Satellite Network of Experts da Axencia Espacial Europea, para a cal traballou en diversos proxectos de investigación. No ámbito das comunicacións por satélite as súas contribucións recibiron o premio ao mellor traballo na AIAA International Communications Satellite System Conference do ano 2012 e na 7th Advanced Satellite Multimedia Systems Conference de 2014. Foi un dos promotores e Director da área de Comunicacións do Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) durante cinco anos, e Director de atlanTTic no periodo 2016-2020.