Universidade de Vigo

Torres Guijarro, María Soledad

Torres Guijarro, María Soledad
Profesor/a titular de universidade
Grupo de investigación
Contacto
Despacho A-403

Soledad Torres Guijarro é Enxeñeira de Telecomunicación (1992), e Doutora Enxeñeira de Telecomunicación (1996), ambas as pola Universidade Politécnica de Madrid, con especialización en Tratamento Dixital de Sinais. Actualmente é Profesora Titular na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo. Previamente gozou de contratos de investigación postdoutoral Parga Pondal (Xunta de Galicia) e Ramón e Cajal (Ministerio de Educación), e desempeñou tarefas docentes e investigadoras na Universidade de Valladolid, na Carlos III de Madrid, na Europea de Madrid e na Politécnica de Madrid. Participou en 21 proxectos de investigación con financiamento público, 4 deles europeos, sendo investigadora principal en 3. Participou en máis de 20 contratos de investigación con empresas, 4 deles como investigadora principal. É coautora de 15 publicacións en revista internacional, 1 capítulo de libro, 1 patente, 44 comunicacións a congresos internacionais e 12 a nacionais. As súas investigacións céntranse no tratamento dixital de sinais de audio e acústicas en xeral, con especialización no ruído submarino, a codificación de voz e audio, e o procesado en array de sinais de audio.