Yolanda Rodríguez Vaqueiro licenciouse en Enxeñaría de Telecomunicación pola Universidade de Vigo (España) en decembro de 2009, iniciando a súa carreira investigadora na mesma universidade. En 2011 obtivo unha bolsa de Research Assistant de ALERT (Awareness and Localization of Explosive Related Threats) da Northeastern University (Boston, MA, EUA). En maio de 2015 rematou o seu doutoramento en Enxeñaría Eléctrica na Northeastern University, defendendo a súa tese: “Compressive Sensing for Electromagnetic Imaging Using a Nesterov-Based Algorithm”. O seu traballo durante o doutoramento foi recoñecido co “Research-Impact Award” do Departamento de Enxeñaría Eléctrica e Informática da Northeastern University. Desde 2015 é investigadora posdoutoral adscrita ao grupo COM da Universidade de Vigo.