Universidade de Vigo

Axudas para contratos Ramón y Cajal 2023

PECHADA

Prazo interno atlanTTic:

Prazo de solicitude:

Desde atlanTTic temos interese en incorporar investigadoras e investigadores posdoutorais que queiran integrarse nun equipo de prestixio, traballando man a man con outros centros de I+D e empresas de referencia internacional.

Solicitas con nós as Axudas para contratos Ramón y Cajal 2023 da Axencia Estatal de Investigación e poderás desenvolver o teu traballo en calquera das seguintes áreas:

  • Redes B5G e comunicacións sen fíos
  • Fotónica e microelectrónica integradas
  • Sistemas aeroespaciais e de defensa
  • Servizos electrónicos e intelixentes
  • Cloud, edge, sistemas embebidos e IoT
  • Seguridade e privacidade
  • Criptografía e comunicacións cuánticas

Se tes o título de doutoramento obtido entre o 1 de xaneiro do 2013 e o 31 de decembro do 2021,  ou se accedes polo turno RyC-INIA-CCAA, entre o 1 de xaneiro do 2010 e o 31 de decembro do 2020, non dubides en contactar con nós enviando un correo electrónico co asunto “Axuda RyC” a personal@atlanttic.uvigo.es

Podes consultar o proceso interno da UVigo para a selección de perfís aquí.

Únete a atlanTTic e impulsa a túa carreira, agardámoste!