Universidade de Vigo

Deseño e desenvolvemento SW/HW para sistemas TIC en contorna naval. Ref. 0824-127962

REFERENCIA DA OFERTA 0824-127962

Data inicio solicitudes 12/04/2024
Data fin solicitudes 18/04/2024

Contrato indefinido

Traballo a realizar

Deseño, desenvolvemento e documentación de software/hardware.

Funcións a realizar

  • Na área SW: participar en todo o ciclo de vida do software, centrándose na codificación e a depuración. Crear código reutilizable e bibliotecas para uso futuro. Depurar e validar o software desenvolvido.
  • Na área HW: Deseño de PCBs, posta en marcha e validación de prototipos. Deseño de esquemas electrónicos mediante cálculos teóricos e simulacións. Selección de compoñentes electrónicos.
    Participación no deseño de FMEAs, así como na simulación de probas de ciclo de vida e durabilidade para PCBs. Documentar e reportar as tarefas realizadas e os avances de desenvolvemento achegando información clave sobre as solucións adoptadas, probas e resultados esperados.

Titulación requirida: grao ou enxeñería técnica en Informática, Telecomunicacións, Electrónica Industrial, Matemáticas ou similar.

Retribución bruta mensual:  1.625,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37.5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO DE MÉRITOS 08/24 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL INVESTIGADOR E DE APOIO Á INVESTIGACIÓN