Universidade de Vigo

Trusted framework for federated learning systems. Ref. 0824-128840

REFERENCIA DA OFERTA 0824-128840

Data inicio solicitudes 12/04/2024
Data fin solicitudes 18/04/2024

Contrato de duración determinada: 12 meses

Traballo a realizar

Deseño e implementación de solucións algorítmicas para IA en contornas colaborativas-distribuídas co obxectivo de preservar a seguridade e a privacidade dos datos.

Funcións a realizar

  • Deseño e implementación de algoritmia de IA (split learning) para contornas colaborativas e de aprendizaxe descentralizado.
  • Deseño e implementación de mecanismos axeitados para dotar de seguridade a contorna de aprendizaxe máquina descentralizado, se precisará da utilización de tecnoloxías de cadeas de bloques semellantes a Blockchain.
  • Colaboración na difusión dos resultados obtidos en foros de prestixio de ámbito internacional.

Titulación requirida: Título universitario de doutor, preferiblemente en Enxeñería de Telecomunicación ou titulación afín

Retribución bruta mensual: 2.200,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37.5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO DE MÉRITOS 08/24 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL INVESTIGADOR E DE APOIO Á INVESTIGACIÓN