Universidade de Vigo

Programa de comunicación cuántica-Galicia. Ref. 1324-130511

REFERENCIA DA OFERTA 1324-130511

Data inicio solicitudes  05/06/2024
Data fin solicitudes  11/06/2024

Contrato de duración determinada: 10 meses

Traballo a realizar

Investigador axudante dedicado á análise experimental da seguridade dos protocolos de distribución cuántica de clave.

Funcións a realizar

As responsabilidades e tarefas específicas incluirán, entre outras:

  • Ler literatura científica na área da comunicación cuántica e dos sistemas cuánticos de distribución de clave.
  • Analizar a seguridade da unidade detectora nestos sistemas e facer metodoloxía para a súa certificación contra imperfeccións.
  • Construir e programar un conxunto de probas automatizado para probar a unidade de medida destes sistemas fronte ás vulnerabilidades de seguridade.
  • Producir publicacións científicas que acrediten investigacións independentes.

Titulación requirida: Grao en Física ou Enxeñaría.

Retribución bruta mensual: 1.500,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37.5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO DE MÉRITOS 13/24 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL INVESTIGADOR E DE APOIO Á INVESTIGACIÓN