REFERENCIA DA OFERTA 1424-132918
Data inicio solicitudes | 20/06/2024 |
Data fin solicitudes | 27/06/2024 |
Contrato indefinido
Traballo a realizar
Deseño, desenvolvemento, documentación e despregamento de solucións software.
Funcións a realizar
- Participar en todo o ciclo de vida do software, centrándose na codificación e a depuración.
- Crear código reutilizable e bibliotecas para uso futuro.
- Depurar e validar o software desenvolvido.
- Administración, configuración e aplicación de sistemas en arquitecturas de clúster.
- Desenvolver procesos e mellorar as operacións do servizo, sistemas de almacenamento e procesamento de datos.
- Garantir a seguridade, calidade e integridade da información mediante a aplicación de prácticas adecuadas de gobernanza e xestión de datos.
- Colaborar coas partes interesadas para comprender os seus requisitos e as necesidades de desenvolvemento.
Titulación requirida: grao ou enxeñería técnica Informática, Telecomunicación ou similar.
Retribución bruta mensual: 2.000,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Xornada laboral: 37.5 h/semana
Consulta toda a información no seguinte enlace: