REFERENCIA DA OFERTA 1424-132924
Data inicio solicitudes | 20/06/2024 |
Data fin solicitudes | 27/06/2024 |
Contrato indefinido
Traballo a realizar
Deseño e desenvolvemento de sistemas electrónicos avanzados.
Funcións a realizar
- Participar en todo o ciclo de vida dos sistemas electrónicos: proposta, deseño, desenvolvemento e depuración das solucións, segundo os requisitos do proxecto.
- Selección de compoñentes electrónicos e definición de arquitectura HW, con atención aos requisitos e normativa aplicable.
- Deseño de esquemas electrónicos mediante cálculos teóricos e simulacións.
- Deseño de PCBs, posta en marcha e validación de prototipos.
- Revisión, creación e actualización de documentación de especificacións de compoñentes e sistemas.
- Reporte de tarefas e avances achegando información crave sobre solucións, probas e resultados esperados.
- Colaboración cos equipos de mecánica e SW no desenvolvemento de produto.
Titulación requirida: grao ou enxeñería técnica Electrónica, Industrial, Telecomunicación ou similar.
Retribución bruta mensual: 2.000,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Xornada laboral: 37.5 h/semana
Consulta toda a información no seguinte enlace: