Universidade de Vigo

Métricas de privacidade en aprendizaxe federada. Ref. 1624-135552

REFERENCIA DA OFERTA 1624-135552

Data inicio solicitudes  04/07/2024
Data fin solicitudes  10/07/2024

Contrato indefinido

Traballo a realizar

A persoa contratada incorporarase ao Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións (GPSC, gpsc.uvigo.es) para traballar no proxecto TRUFFLES como parte do equipo de investigación.
A persoa contratada contribuirá á investigación e implementación de métricas de privacidade baseadas na información mutua en escenarios de aprendizaxe federada.

Funcións a realizar

  • Investigación en métricas de privacidade.
  • Implementación das métricas resultantes con ferramentas de aprendizaxe automática.
  • Xeración de artigos para conferencias e revistas.

Titulación requirida: Doutoramento en Enxeñaría Eléctrica/Telecomunicación, Informática, Matemática ou similar.

Retribución bruta mensual: 2.200,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37.5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO DE MÉRITOS 16/24 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL INVESTIGADOR E DE APOIO Á INVESTIGACIÓN