Universidade de Vigo

Xornada: “Do 5G ao 6G: avances, desafíos e oportunidades”

O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, celebrará o luns 16 de setembro de 2024 a xornada “Do 5G ao 6G: avances, desafíos e oportunidades”.

Esta xornada reunirá a persoal experto para debater sobre a transición da tecnoloxía 5G á futura era 6G. Nela abordaranse temas como os fundamentos e características do 6G, o estado actual do despregamento 5G, o impacto da intelixencia artificial nas futuras redes de comunicacións e a eficiencia enerxética, entre outros temas.

A xornada incluirá unha primeira parte con presentacións a cargo de persoal investigador de atlanTTic e unha mesa redonda con expertos de referencia na que se amosarán casos de uso específicos.

INSCRÍBETE

PROGRAMA:

APERTURA:

Martín Llamas Nistal. Director do Centro de Investigación atlanTTic.

PARTE I: CHARLA INTRODUTORIA (9:00 – 11:00)

  1. Introdución (por Ana Vázquez Alejos e Felipe Gil Castiñeira).
  2. IA en redes 5G/6G (por Carles Antón-Haro).
  3. Integrated Sensing and Communications (por Joerg Widmer).
  4. 5G Broadcast (por Germán Martín).
  5. 5G Advanced, o paso definitivo cara o 6G (por Alejandro Alonso Portero).
  6. Conclusións e sesión de preguntas.

COFFEE-BREAK (11:00 – 11:30)

PARTE II: MESA REDONDA (11:30 – 13:30)

Casos de uso: Trials and Pilots.

Participan:

  • Carles Antón-Haro. Director de Programas Europeos & Contratos Industriais en CTTC.
  • Joerg Widmer. Profesor e Director de Investigación en IMDEA Networks España.
  • Alejandro Alonso Portero. Experto en Innovación Tecnolóxica e Evolución de Rede de Telefónica.
  • Germán Martín. Application Engineer de Rohde & Schwarz España.
  • Modera: Ana Vázquez Alejos. Investigadora de atlanTTic e docente da E.E. de Telecomunicación (UVigo).

MODALIDADE: Presencial, no Salón de Graos, Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo, ou en liña, a través de Campus Remoto.

INSCRICIÓN: Para asistir é preciso inscribirse previamente neste formulario.