Universidade de Vigo

Visión por computador. Ref. 2024-137748

REFERENCIA DA OFERTA 2024-137748

Data inicio solicitudes  18/09/2024
Data fin solicitudes  24/09/2024

Contrato indefinido

Traballo a realizar

Deseño e programación de software de visión por ordenador.

Funcións a realizar

Automatización da recollida de datos asociados ao cálculo do índice de condición física e do índice de calidade de mobilidade artromuscular. Deseñarase un protocolo e software autónomo de adquisición de datos coa cámara do teléfono móbil ou tableta do cliente. Programarase un software específico que, do vídeo, extrae información sobre a posición das articulacións do usuario e calculará parámetros, repeticións e tempos na execución de cada tipo de exercicio que inflúan nos índices descritos.

Titulación requirida: Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación ou informática

Retribución bruta mensual: 2.600,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37.5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO DE MÉRITOS 20/24 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL INVESTIGADOR E DE APOIO Á INVESTIGACIÓN