Universidade de Vigo

Proxecto galego de creación dunha rede de laboratorios e centros demostradores para a investigación e innovación en solucións de ciberseguridade en transporte intelixente. Ref. 2324-141069

REFERENCIA DA OFERTA 2324-141069

Data inicio solicitudes  18/10/2024
Data fin solicitudes  24/10/2024

Contrato de duración determinada: 6 meses

Traballo a realizar

Tarefas de investigación e desenvolvemento en seguridade, privacidade e confianza en 5G/6G.

Funcións a realizar

  • Investigación en novas tecnoloxías relacionadas coa seguridade, a privacidade e a confianza en redes 5G/6G.
  • Investigación e desenvolvemento no marco das comunicacións 5G/6G no contexto do transporte intelixente.
  • Deseño e implementación de espazos de experimentación no ámbito da seguridade, a privacidade e a confianza en redes 5G/6G.
  • Desenvolvemento de novas tecnoloxías no ámbito da seguridade, a privacidade e a confianza en redes 5G/6G.
  • Investigación e desenvolvemento no ámbito da intelixencia artificial.
  • Investigación e desenvolvemento no ámbito da industria conectada a través de tecnoloxías 5G/6G.
  • Deseño de infraestruturas e arquitecturas.
  • Redacción e presentación de informes.
  • Desenvolvemento de software.
  • Reunións de planificación.
  • Xestión de equipos de investigación e desenvolvemento.
  • Xestión de proxectos.
  • Liderado e publicación de artigos

Titulación requirida: Grao en enxeñaría de telecomunicación

Retribución bruta mensual: 800,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 18.75 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO DE MÉRITOS 23/24  PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL INVESTIGADOR E DE APOIO Á INVESTIGACIÓN