Universidade de Vigo

Procesos de validación de sistemas embebidos HW. Ref. 2624-144407

REFERENCIA DA OFERTA 2624-144407

Data inicio solicitudes  19/11/2024
Data fin solicitudes  25/11/2024

Contrato indefinido

Traballo a realizar:

Deseño, desenvolvemento e mantemento de sistemas embebidos.

Funcións a realizar:

  • Crear código reutilizable, robusto, flexible e adaptable, incluíndo funcións e librerías para uso futuro,garantindo a súa adaptación a escenarios evolutivos.
  • Definir, realizar, analizar e documentar os procesos e test de proba.
  • Analizar bugs, erros e funcionamentos non previstos atopados durante as probas. Propoñer solucións e adaptacións para satisfacer os requisitos do sistema.
  • Documentar tecnicamente e reportar as tarefas realizadas e os avances de desenvolvemento achegando información crave sobre as solucións adoptadas, probas e resultados esperados

Titulación requirida: grao ou enxeñería técnica en Informática, Telecomunicacións, Matemáticas ou similar.

Retribución bruta mensual: 2.250,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37.5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO DE MÉRITOS POR TRAMITACIÓN DE URXENCIA 26/24  PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL INVESTIGADOR E DE APOIO Á INVESTIGACIÓN