REFERENCIA DA OFERTA 0825-151731
Data inicio solicitudes | 21/04/2025 |
Data fin solicitudes | 05/05/2025 |
Contrato indefinido
Traballo a realizar:
Deseño e desenvolvemento de sistemas radar.
Funcións a realizar:
- Participar no deseño, desenvolvemento e proba de sistemas radar. Implementar e optimizar algoritmos de procesamento de sinais para a detección, seguimento e clasificaciónde obxectivos.
- Analizar datos radar para extraer información relevante sobre a contorna e os obxectivos.
- Crear e optimizar algoritmos para a xeración de imaxes radar de alta resolución.
- Desenvolver e aplicar metodoloxías para a medición da RCS (sección equivalente radar) de obxectivos, tanto en simulacións como en probas de campo.
- Utilizar ferramentas de simulación para modelar o comportamento de sistemas radar e avaliar o seu rendemento. Participar na planificación e execución de probas de sistemas
radary analizar os resultados para validar o deseño e o rendemento. - Elaborar documentación técnica detallada (especificacións de deseño, informes de probas e manuais de usuario).
- Colaborar con outros enxeñeiros e científicos para integrar os sistemas radar en aplicacións máis amplas.
Titulación requirida: titulación universitaria, grao ou enxeñería técnica en Telecomunicacións, Electrónica, Industrial ou similar. Nacionalidade española, ou de algún Estado membro da OTAN ou da UE (mínimo 3 anos)
Retribución bruta mensual: 2.500,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Xornada laboral: 37.5 h/semana
Consulta toda a información no seguinte enlace: