REFERENCIA DA OFERTA 0925-151986
Data inicio solicitudes | 28/04/2025 |
Data fin solicitudes | 12/05/2025 |
Contrato de duración determinada: 4 meses
Traballo a realizar:
Analizar a seguridade das implementacións dos protocolos cuánticos de distribución de clave.
Funcións a realizar:
- Ler literatura científica na área das comunicacións cuánticas e os sistemas cuánticos de distribución de clave.
- Analizar a seguridade das implementacións dos sistemas cuánticos de distribución de clave tendo en conta as imperfeccións típicas dos dispositivos.
- Deseñar sistemas de distribución cuántica de clave que sexan máis robustos fronte ás imperfeccións dos seus dispositivos.
- Realizar simulacións numéricas sobre o rendemento (é dicir, a taxa de clave secreta fronte a distancia) destes sistemas en función das imperfeccións dos seus dispositivos.
Titulación requirida: título universitario de Doutor preferiblemente nas áreas de Física, Óptica, Matemáticas, ou Enxeñería de Telecomunicación.
Retribución bruta mensual: 3.600,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Xornada laboral: 37.5 h/semana
Consulta toda a información no seguinte enlace: