REFERENCIA DA OFERTA 0925-152031
Data inicio solicitudes | 28/04/2025 |
Data fin solicitudes | 12/05/2025 |
Contrato de duración determinada: 18 meses e 15 días
Traballo a realizar:
Desenvolver algoritmos de machine learning e deep learning que permitan mellorar a precisión do apuntamento satelital e a análise automatizada de imaxes para contornas orbitais.
Funcións a realizar:
- Aplicar técnicas avanzadas de visión por computador para a segmentación e clasificación de imaxes, garantindo a extracción de información clave para monitorización e toma de decisións.
- Integrar algoritmos en plataformas hardware (satélites e estacións terrestres), validando o seu rendemento con simulacións e probas en contornas reais.
- Optimizar os algoritmos de apuntamento mediante simulación e axuste de parámetros, garantindo precisión e eficiencia ante variacións operativas.
- Analizar datos e colaborar con expertos en sistemas satelitais para desenvolver solucións robustas, escalables e aliñadas cos obxectivos do proxecto.
- Traballar de xeito coordinado con equipos de enxeñaría e análise de datos para asegurar unha implementación efectiva e aliñada cos requisitos estratéxicos.
Titulación requirida: Bacharelato/FP2
Retribución bruta mensual: 1.200,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Xornada laboral: 20 h/semana
Consulta toda a información no seguinte enlace: