Universidade de Vigo

Deseño dun sistema VLEO de observación da terra para a loita contra incendio (ICAROS). Ref. 0925-152033

REFERENCIA DA OFERTA 0925-152033

Data inicio solicitudes  28/04/2025
Data fin solicitudes  12/05/2025

Contrato de duración determinada: 18 meses e 15 días

3 prazas

Traballo a realizar:

Desenvolvemento da parte mecánica e térmica para o deseño e prototipado dunha plataforma satelital de órbita terrestre moi baixa (VLEO) con cargas útiles ópticas e sistemas de propulsión

Funcións a realizar:

  • Deseñar as estruturas do satélite para a integración de subsistemas, cargas útiles e propulsión.
  • Verificar, a partir dos requisitos da plataforma e das cargas útiles, o cumprimento mediante análises estruturais.
  • Deseñar o control térmico para garantir a estabilidade e operatividade dos sistemas integrados.
  • Avaliar os requisitos térmicos mediante simulacións para asegurar o seu cumprimento.
  • Desenvolver un prototipo para a integración de diversos sistemas satelitais e documentar as análises estruturais e térmicas, xustificando os deseños mecánicos e de xestión térmica.

Titulación requirida: Bacharelato/FP2

Retribución bruta mensual: 1.200,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 20 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 09/25  PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN