REFERENCIA DA OFERTA 1025-152458
Data inicio solicitudes | 12/05/2025 |
Data fin solicitudes | 23/05/2025 |
Contrato indefinido
Traballo a realizar:
A persoa seleccionada traballará no seo do grupo de investigación Information & Computing Lab (I&CLab) no deseño e implementación de solucións algorítmicas co obxectivo de despregar sistemas de computación fluída.
Funcións a realizar:
- Deseño e implementación e algoritmia de apredizaxe descentralizado que reduza a complexidade nas comunicacións e dos intercambios de datos utilizando un enfoque de computación fluída (Cloud-2-Edge).
- Deseño e implementación de algoritmia eficiente para preservar a privacidade e seguridade no escenario anterior.
- Prototipado dos algoritmos.
- Colaboración na difusión dos resultados obtidos en foros de prestixio de ámbito internacional.
Titulación requirida: mestrado ou equivalente
Retribución bruta mensual: 2.000,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Xornada laboral: 37.5 h/semana
Consulta toda a información no seguinte enlace: