Universidade de Vigo

Apoio ao Centro de Investigación atlanTTic en tarefas de promoción, xustificación e impulso á excelencia. Ref. 1025-152984

REFERENCIA DA OFERTA 1025-152984

Data inicio solicitudes  12/05/2025
Data fin solicitudes  23/05/2025

Contrato indefinido

Traballo a realizar:

Apoio ao Centro de Investigación atlanTTic en tarefas de promoción, xustificación e impulso á excelencia

Funcións a realizar:

  • Apoio na promoción, configuración e elaboración de propostas a convocatorias competitivas de ámbito nacional e internacional.
  • Apoio en tarefas relacionadas coa xestión do talento: identificación de convocatorias nacionais e internacionais, perfilado de candidaturas, scouting de potenciais persoas candidatas, preparación de propostas.
  • Apoio na elaboración de inventarios de activos transferibles, infraestruturas de investigación e servizos tecnolóxicos.
  • Soporte á organización e desevolvemento de actividades de promoción e outreach do centro.
  • Apoio nas labores de monitorización e seguemento da actividade cientifica do centro.
  • Apoio á actividade da unidade de promoción da investigación do centro.

Titulación requirida: Licenciado/a, graduado/a ou equivalente. Nivel de inglés mínimo: B2, Marco Común Europeo de Referencia (válido tamén o anexo «CERTIFICACIONES PARA ACREDITAR LOS
CONOCIMIENTOS DE IDIOMAS» publicado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional no ano 2021).

Retribución bruta mensual: 2.400,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37.5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 10/25  PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN