Universidade de Vigo

Investigación en tecnoloxía de comunicación cuántica. Ref. 1025-151953

REFERENCIA DA OFERTA 1025-151953

Data inicio solicitudes  12/05/2025
Data fin solicitudes  23/05/2025

Contrato de duración determinada: 3 meses

Traballo a realizar:

Investigador científico senior en tecnoloxía de comunicación cuántica.

Funcións a realizar:

  • Xestionar o traballo dun laboratorio de tecnoloxía cuántica, centrándose principalmente nas tarefas do día a día.
  • Solicitar axudas de investigación nacionais e internacionais.
  • Supervisión da adquisición de material científico.
  • Deseño e supervisión da instalación dun laboratorio de tecnoloxía cuántica.
  • Investigación de novos protocolos cuánticos para implementar experimentalmente.
  • Supervisión da redacción e publicación dos resultados científicos en revistas científicas.
  • Redacción de informes para proxectos europeos.
  • Soporte de laboratorio para as diferentes tarefas que involucran ataques e contramedidas a sistemas QKD.

Titulación requirida: títulos universitarios de Doutor preferiblemente nas áreas de Física, Óptica, Matemáticas, ou Enxeñería de Telecomunicación.

Retribución bruta mensual: 5.000,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37.5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 10/25  PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN