Universidade de Vigo

Hackeo cuántico de receptores de sistemas cuánticos de distribución de clave. Ref. 1425-157309

REFERENCIA DA OFERTA 1425-157309

Data inicio solicitudes  16/07/2025
Data fin solicitudes  30/07/2025

Contrato de duración determinada: 1 mes e medio

Traballo a realizar:

Investigador experimental no hackeo cuántico de receptores de sistemas cuánticos de distribución de clave.

Funcións a realizar:

  • Ler literatura científica na área da comunicación cuántica e dos sistemas cuánticos de distribución de clave.
  • Analizar a seguridade da unidade de medida destes sistemas e desenvolver unha metodoloxía para a súa certificación fronte a imperfeccións.
  • Desenvolver un banco de probas automatizado para probar os detectores contra vulnerabilidades de seguridade.
  • Producir publicacións científicas que acrediten investigacións independentes.

Titulación requirida: Grao ou Mestrado en Ciencias ou Enxeñería, como Física, Matemáticas, ou Enxeñería de Telecomunicación.

Retribución bruta mensual: 2.400,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37.5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 14/25 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN