Universidade de Vigo

Responsable do grupo dedicado á análise experimental da seguridade dos protocolos de distribución cuántica de clave. Ref. 1725-161046

REFERENCIA DA OFERTA 1725-161046

Data inicio solicitudes  17/09/2025
Data fin solicitudes  30/09/2025

Duración do contrato: 8 meses

Traballo a realizar:

Responsable do grupo dedicado á análise experimental da seguridade dos protocolos de distribución cuántica de clave.

Funcións a realizar:

As responsabilidades e tarefas específicas incluirán, entre outras:

  • Supervisar as operacións do laboratorio experimental dedicado á análise de seguridade e certificación de sistemas cuánticos de distribución de clave.
  • Liderar e supervisar un programa de investigación para este laboratorio, incluíndo colaboracións nacionais e internacionais.
  • Buscar e seleccionar persoal científico para o laboratorio.
  • Dirixir as teses de estudantes de doutoramento, mestrado e grao que traballen no laboratorio.
  • Solicitar bolsas de investigación nacionais e internacionais.

Titulación requirida: Título universitario de doutor preferentemente nas áreas de Física, Enxeñaría, ou Óptica.

Retribución bruta mensual: 3.888,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 17,00 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 17/25 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN