Datas e horarios:
22/10/2025 – 16:00 a 18:30 h
23/10/2025 – 16:00 a 18:30 h
29/10/2025 – 17:00 a 19:30 h
30/10/2025 – 17:00 a 19:30 h
Imparte: Dolores Abuin
Modalidade: En liña, a través de Campus Remoto
Idioma: Español
Obxectivos do curso
Este curso ofrece unha guía práctica sobre o Regulamento de Intelixencia Artificial (RIA) da UE. O seu propósito é desmitificar unha normativa complexa e facela accesible, mostrando o seu impacto real en empresas, profesionais e persoas usuarias.
Ao longo de catro módulos, o curso permitirache:
-
Comprender o panorama regulador europeo e global.
-
Identificar os distintos niveis de risco nos sistemas de IA (prohibido, alto, limitado, mínimo).
-
Analizar o impacto dos modelos de propósito xeral e o papel dos organismos de supervisión.
-
Coñecer o réxime sancionador e as súas implicacións en ciberseguridade e obrigas legais.
Sobre a poñente
Dolores Abuin é avogada especializada en Intelixencia Artificial e transformación dixital. Participa como experta independente na elaboración do Código de Boas Prácticas da Comisión Europea e da Oficina Europea da IA, e colabora en proxectos de investigación de Google.org e OdiseIA. Ademais, combina esta labor coa creación de contidos educativos en GlobalCobots e Skiller Academy.