Universidade de Vigo

Xornada: A excelencia como camiño cara ao espazo

No marco das actividades da Semana Mundial do Espazo en Galicia promovidas pola Xunta de Galicia, o mércores 8 de outubro de 2025 celebrarase no Salón de Graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo a xornada “A excelencia como camiño cara ao espazo”.

Programa

10:45 h. Benvida da Universidade de Vigo. Mónica Valderrama, vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo; Martín Llamas, director do Centro de Investigación atlanTTic e Verónica Santalla, subdirectora de Infraestruturas e Relacións Internacionais da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
11:00 h. Presentación da Axencia Espacial Española.
11:30 h. Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespazo da Xunta de Galicia. Margarita Ardao, directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial.
11:45 h. Cara a España aeroespacial. Isabel Martínez Ponte, subdirectora de Política e Estratexia Aeroespacial do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades
12:00 h. A excelencia como camiño cara ao Espazo.
12:00 h. Presentación do Grupo en Tecnoloxías Aeroespaciais. Carlos Ulloa, subdirector da Escola de Enxeñaría Aeroespacial e do Espazo.
12:10 h. Presentación de UVigo Spacelab. Guillermo Calvo, presidente de UVigo Spacelab.
12:20 h. Presentación de Alén Space. Guillermo Lamelas, CEO de Alén Space.
12:30 h. Presentación de GMV. Miguel Ángel Molina Cobos, Chairman Space Council de GMV.
12:40 h. Mesa redonda Punto de ignición: integrando talento, innovación e escala, coa participación dos catro relatores e moderada por Fernando Aguado, catedrático da Universidade de Vigo e coordinador de proxectos espaciais.
13:30 h. Clausura.
13:40 h. Viño e networking, cortesía de GMV.

Inscricións: https://eventos.ivgestion.com/inscripciones/star_semanamundialespazo_08_vigo.php