Universidade de Vigo

Enxeñaría de Sistemas e AIV. Produción en serie de cargas de pago e plataformas espaciales (PTE-Lince).Ref. 1925-164099

REFERENCIA DA OFERTA 1925-164099

Data inicio solicitudes  23/10/2025
Data fin solicitudes    5/11/2025

Duración do contrato: Indefinida

Traballo a realizar:

Realización de ensaios de compoñentes para os sectores espacial e de defensa, así como desenvolvemento de software para sistemas electrónicos e de comunicacións no ámbito.

Funcións a realizar:

  • Realización de prototipado de hardware para probas de sistemas espaciais no ámbito do AIV.
  • Desenvolvemento de software para a realización de probas de sistemas espaciais no ámbito do AIV.
  • Tarefas de enxeñaría de sistemas, así como preparación e definición de ensaios de compoñentes para espazo e defensa.
  • Integración de equipos e compoñentes electrónicos do ámbito do espazo e da defensa en sistemas de proba.
  • Creación de plataformas de proba para a execución de probas automáticas na realización de campañas de AIV.

Titulación requirida: Bacharelato

Retribución bruta mensual: 1.700,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 30,00 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 19/25 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN