Universidade de Vigo

Detección automática de enfermidades neurodexenerativas e mentais. Ref. 2025-166032

REFERENCIA DA OFERTA 2025-166032

Data inicio solicitudes 07/11/2025
Data fin solicitudes  20/11/2025

Contrato indefinido

Traballo a realizar:

Desenvolvemento de software baseado en técnicas de aprendizaxe automática e IA

Funcións a realizar:

  • Adquisición e curación de conxuntos de datos multimedia (voz, texto etc.).
  • Desenvolvemento de modelos preditivos para a deterioración cognitiva e a enfermidade de Parkinson utilizando técnicas de procesamento de sinais e aprendizaxe automático.
  • Desenvolvemento e depuración de procesos de software en Python.

Titulación requirida: Graduado en Enxeñaría

Retribución bruta mensual: 2.850,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral:  Tempo completo (37.5h/semana)

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 20/25 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN