Universidade de Vigo

Analizar a seguridade dos protocolos cuánticos de distribución de claves na presenza de imperfeccións. Ref. 2025-168218

REFERENCIA DA OFERTA 2025-168218

Data inicio solicitudes 07/11/2025
Data fin solicitudes 20/11/2025

Duración do contrato:  4 meses e medio

Traballo a realizar:

Analizar a seguridade dos protocolos cuánticos de distribución de claves na presenza de imperfeccións.

Funcións a realizar:

Ler literatura científica na área das comunicacións cuánticas e sistemas de distribución cuánticos de clave.
Modelización matemática dos sinais cuánticos emitidos por un transmisor en presenza de imperfeccións introducidas polo láser e/ou os moduladores de intensidade e fase.
Analizar no réxime finito a seguridade destes sistemas ante a presenza de tales imperfeccións.
Realizar simulacións numéricas sobre o rendemento (é dicir, a taxa de clave secreta fronte a distancia) destes sistemas en función da magnitude das imperfeccións. Escribir artigos científicos

Titulación requirida: Grao o mestrado en Física, Matemáticas ou Enxeñaría.

Retribución bruta mensual: 2.950,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral:  Tempo completo (37.5 horas/semana)

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 20/25 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN