Universidade de Vigo

Métricas de privacidade en aprendizaxe federada. Ref. 2125-168682

REFERENCIA DA OFERTA 2125-168682

Data inicio solicitudes  20/11/2025
Data fin solicitudes  03/12/2025

Contrato indefinido

Traballo a realizar:

A persoa contratada incorporarase ao Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións (GPSC, gpsc.uvigo.es) para desenvolver tarefas de investigación en seguridade e privacidade en algoritmos de aprendizaxe cooperativa.

Funcións a realizar:

  • Estudo da bibliografía sobre temas relacionados con ataques á privacidade e mecanismos de defensa de algoritmos de aprendizaxe cooperativa.
  • Desenvolvemento de novos algoritmos de ataques á privacidade e a seguridade e algoritmos de defensa en escenarios de aprendizaxe cooperativa.
  • Implementacións, probas e avaliación de resultados.
  • Redacción dun artigo científico.

Titulación requirida: Grao en Telecomunicacións, Informática, Matemática ou similar

Retribución bruta mensual: 1.803,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37,5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 21/25 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN