Universidade de Vigo

Técnicas avanzadas de procesado de voz e imaxe (SC9). Ref. 0226-172611

REFERENCIA DA OFERTA 0226-172611

Data inicio solicitudes  05/02/2026
Data fin solicitudes  18/02/2026

Contrato indefinido.

Traballo a realizar:

A persoa contratada incorporarase ao Grupo de Tecnoloxías Multimedia do centro atlanTTic para traballar nun proxecto de colaboración coa empresa Balidea para o desenvolvemento dunha plataforma de Intelixencia Artificial xerativa. O traballo principal é participar no o deseño técnico, configuración e supervisión dos compoñentes de IA.

Funcións a realizar:

Participación nas seguintes actividades:
– Definir arquitecturas robustas e escalables para os casos de uso asistenciais e administrativos.
– Denvolvemento desas arquitecturas.
– Configurar e integrar os modelos xerativos e semánticos, asegurando o seu rendemento no hardware on-premise.
– Supervisar a coherencia técnica e a evolución da plataforma para garantir a súa fiabilidade no entorno sanitario público.

Titulación requirida: Grao en Enxeñaría

Retribución bruta mensual: 2.941,70 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37.5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 02/26 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN