REFERENCIA DA OFERTA 0326-174473
| Data inicio solicitudes | 04/03/2026 |
| Data fin solicitudes | 17/03/2026 |
Contrato indefinido.
Traballo a realizar: Analizar a seguridade dos protocolos cuánticos de distribución de claves na presenza de imperfeccións.
Funcións a realizar:
- Ler literatura científica na área das comunicacións cuánticas e sistemas de distribución cuánticos de clave.
- Modelización matemática dos sinais cuánticos emitidos por un transmisor en presenza de imperfeccións introducidas polo láser e/ou os moduladores de intensidade e fase.
- Analizar no réxime finito a seguridade destes sistemas ante a presenza de tales imperfeccións.
- Realizar simulacións numéricas sobre o rendemento (é dicir, a taxa de clave secreta fronte a distancia) destes sistemas en función da magnitude das imperfeccións.
- Escribir artigos científicos.
Titulación requirida: Grao ou mestrado en Física, Matemáticas ou Enxeñaría
Retribución bruta mensual: 3.000,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Xornada laboral: 37.5 h/semana
Consulta toda a información no seguinte enlace:
CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 03/26 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN