Universidade de Vigo

Desenvolvemento dun simulador de redes NDN. Ref. 0326-173768

REFERENCIA DA OFERTA 0326-173768

Data inicio solicitudes  04/03/2026
Data fin solicitudes  17/03/2026

Duración do contrato: 4 meses

Traballo a realizar: Desenvolvemento dun simulador de redes NDN.

Funcións a realizar:

  • Adaptación e extensión de ns-3/ndnSIM para os escenarios obxectivo.
  • Implementación de políticas de caché no Content Store e a súa instrumentación.
  • Desenvolvemento de estratexias de reenvío propias (PIT/FIB, temporizadores. Supresión/agrupación de Interests).
  • Creación de modelos de tráfico sintético a medida.
  • Definición e mantemento de configuracións reproducibles (sementes, varridos paramétricos).
  • Xeración de trazas e métricas de saída (latencia, taxas, hit ratio, ocupación PIT/CS, overhead, perdas, colas) con exportación a CSV/JSON.
  • Utilidades de post-procesado; probas, validación e control de regresións.
  • Documentación e soporte técnico interno.

Titulación requirida: Bacharelato

Retribución bruta mensual: 1.000,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 25 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 03/26 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN