Universidade de Vigo

Cifrado cuántico e tecnoloxía de redes cuánticas. Ref. 1126-184084

REFERENCIA DA OFERTA 1126-184084

Data inicio solicitudes 09/09/2026
Data fin solicitudes  22/09/2026 

Duración do contrato: Contrato indefinido.

Traballo a realizar:

Implementación de novos sistemas de comunicación cuántica para comunicacións por fibra óptica e compatibles con comunicacións en espazo libre e por satélite. A idea é dispoñer dun sistema baseado ben en QKD (Distribución Cuántica de Chaves) ou en comunicación cuántica directa, independentemente da canle de comunicación empregada.

Funcións a realizar:

As responsabilidades e tarefas específicas incluirán, entre outras:

  • Lectura de literatura científica no ámbito das comunicacións cuánticas e dos sistemas de distribución cuántica de chaves (QKD).
  • Implementación de novos sistemas de comunicación cuántica en fibra óptica compatibles con comunicacións en espazo libre.
  • Deseño e implementación de tarxetas electrónicas para o sistema.
  • Simulación do comportamento do protocolo nunha canle de fibra óptica.
  • Caracterización e integración no sistema dos compoñentes ópticos, como láseres, detectores de fotón único, etc.

Titulación requirida: Grao ou Mestrado en Física, Matemáticas ou Enxeñaría.

Retribución bruta mensual: 2.250,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37,5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte ligazón:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 11/26 PARA LA CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN