Universidade de Vigo

Fotónica integrada e deseño de circuítos fotónicos integrados (PICs). Ref. 1126-184384

REFERENCIA DA OFERTA 1126-184384

Data inicio solicitudes 09/09/2026
Data fin solicitudes  22/09/2026 

Duración do contrato: Contrato indefinido.

Traballo a realizar:

Deseño, desenvolvemento, implementación e validación experimental dun novo sistema de comunicacións ópticas para contornas submarinas. A investigación centrarase en retos técnicos clave relacionados cas comunicacións opticas submarinas.

Funcións a realizar:

  • Montaxe e aliñamento dun banco de probas dun sistema óptico de comunicacións submarinas en tanque de auga. Integración de todos os dispositivos ópticos no tanque de auga.
  • Caracterización do tanque de laboratorio en diferentes condicións de operación, simulando distintas condicións do medio mariño.
  • Realización de probas de transmisión óptica OOK con diferentes receptores, APDs e PMT.
  • Ensaios en diferentes lonxitudes de onda.
  • Implementación dunha montaxe xemelga nas instalacións de Navantia en Madrid, posta a punto da mesma e incorporación de melloras respecto ao sistema inicial desenvolvido en Vigo.
  • Deseño dun sistema fotónico integrado en chip que cumpra cos requisitos e condicións de operación obtidos como resultado dos experimentos de laboratorio.

Titulación requirida: Mestrado en Fotónica, Óptica, Enxeñaría Eléctrica, Física ou unha disciplina afín, con especialización en fotónica integrada, PICs, tecnoloxías cuánticas ou áreas relacionadas. Requírese fluidez en inglés para a colaboración internacional de PIXEurope e competencia escrita e oral en español.

Retribución bruta mensual: 2.300,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37,5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte ligazón:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 11/26 PARA LA CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN