Universidade de Vigo

Desenvolvemento de Sistemas Radar. Ref. 1126-184548

REFERENCIA DA OFERTA 1126-184548

Data inicio solicitudes 09/09/2026
Data fin solicitudes  22/09/2026 

Duración do contrato: Contrato indefinido.

Traballo a realizar:

Desenvolvemento de ferramentas avanzadas de simulación electromagnética para o modelado e análise de sistemas complexos.

Funcións a realizar:

  • Desenvolver e optimizar ferramentas de simulación electromagnética para a resolución de problemas complexos de radiación, dispersión e propagación.
  • Implementar e validar métodos numéricos avanzados, especialmente técnicas de diferenzas finitas no dominio da frecuencia, elementos finitos e métodos híbridos baseados en ecuacións integrais.
  • Desenvolver modelos full-wave para materiais compostos, estruturas periódicas e metamateriais.
  • Deseñar software científico en C++, optimizando algoritmos para arquitecturas multinúcleo e clústers de computación de altas prestacións (HPC).
  • Validar os resultados mediante comparación con solucións analíticas, simuladores comerciais datos experimentais.
  • Documentar os desenvolvementos realizados e colaborar na evolución das ferramentas de simulación empregadas nos proxectos de investigación.

**En caso de ser necesario as candidaturas deberán cumprir os requisitos para solicitar o seu HPS

Titulación requirida: Grao, Mestrado ou Enxeñaría do ámbito tecnolóxico, informática, electrónica, comunicacións ou similar.

Retribución bruta mensual: 2.500,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37,5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte ligazón:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 11/26 PARA LA CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN