REFERENCIA DA OFERTA 1126-184544
| Data inicio solicitudes | 09/09/2026 |
| Data fin solicitudes | 22/09/2026 |
Duración do contrato: Contrato indefinido.
Traballo a realizar:
Deseño e desenvolvemento de sistemas electrónicos avanzados.
Funcións a realizar:
- Deseñar sistemas electrónicos completos, definindo a arquitectura hardware, seleccionando compoñentes e elaborando esquemas electrónicos conforme aos requisitos do proxecto.
- Deseñar PCBs multicapa, realizando simulacións, revisións e optimizacións orientadas á integridade de sinal, alimentación, EMC e fabricabilidade.
- Realizar a posta en marcha (bring-up), depuración e validación funcional de prototipos mediante instrumentación electrónica de laboratorio.
- Definir e executar plans de validación, ensaios funcionais e de fiabilidade, analizando e resolvendo as incidencias hardware.
- Colaborar cos equipos de firmware, software e mecánica durante a integración e evolución dos produtos, facilitando a validación conxunta do sistema.
- Elaborar a documentación técnica do deseño, participar na relación con fabricantes e provedores e contribuír á incorporación de novas tecnoloxías e melloras de produto.
**En caso de ser necesario as candidaturas deberán cumprir os requisitos para solicitar o seu HPS
Titulación requirida: Grao ou enxeñería técnica Electrónica, Industrial, Telecomunicación ou similar.
Retribución bruta mensual: 3.500,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Xornada laboral: 37,5 h/semana
Consulta toda a información no seguinte ligazón:
CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 11/26 PARA LA CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN