REFERENCIA DA OFERTA 1226-185123
| Data inicio solicitudes | 17/09/2026 |
| Data fin solicitudes | 30/09/2026 |
Contrato indefinido.
Traballo a realizar:
Apoio no desenvolvemento de HMI avanzadas con Svelte, integradas con servizos backend e sistemas distribuídos mediante NATS e APIs.
Funcións a realizar:
Apoio nas seguintes tarefas:
- Deseñar e desenvolver interfaces HMI modernas para sistemas avanzados, participando na definición da arquitectura, UX e evolución técnica do frontend.
- Desenvolver aplicacións web con Svelte/SvelteKit e TypeScript, creando compoñentes reutilizables, robustos e eficientes.
- Integrar o HMI con servizos backend, APIs e sistemas distribuídos mediante REST, NATS, JSON e outras tecnoloxías de comunicación.
- Desenvolver visualizacións e interaccións con datos en tempo real, atendendo a criterios de rendemento, usabilidade e seguridade.
- Participar na depuración, probas, integración e despregamento das solucións en contornas Linux e contenerizadas.
- Colaborar cos equipos de backend, sistemas e ciberseguridade na integración do produto.
- Participar puntualmente en desenvolvementos móbiles ou backend e propoñer solucións técnicas que melloren a arquitectura e experiencia de usuario.
En caso de ser necesario as candidaturas deberán cumprir os requisitos para solicitar o seu HPS
Titulación requirida: Bacherelato/FP2 tecnológico, informática, electrónica, comunicaciones o similar.
Retribución bruta mensual: 2.175,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Xornada laboral: 37,5 h/semana
Consulta toda a información no seguinte enlace:
CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 12/26 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN