REFERENCIA DA OFERTA 1226-185126
| Data inicio solicitudes | 17/09/2026 |
| Data fin solicitudes | 30/09/2026 |
Contrato indefinido.
Traballo a realizar:
Desenvolvemento de firmware e sistemas embebidos Linux (Kernel e drivers).
Funcións a realizar:
- Deseñar e desenvolver firmware e software de baixo nivel para sistemas embebidos baseados en microcontroladores e procesadores ARM, participando activamente na implementación do código e na evolución da arquitectura software.
- Participar no bring-up de novas plataformas hardware, integrando firmware, bootloaders, kernel Linux e controladores de dispositivo.
- Desenvolver drivers, servizos e librerías en C para a comunicación con periféricos e buses industriais (SPI, I2C, UART, Ethernet…).
- Depurar incidencias de baixo nivel empregando instrumentación e ferramentas de análise, colaborando cos equipos de hardware durante a validación das placas.
- Optimizar rendemento, consumo e robustez do software, documentando as solucións desenvolvidas.
- Participar na evolución da arquitectura software e na incorporación de novas tecnoloxías para sistemas embebidos.
En caso de ser necesario as candidaturas deberán cumprir os requisitos para solicitar o seu HPS
Titulación requirida: Grao ou enxeñería técnica en Informática, Telecomunicacións, Matemáticas ou similar.
Retribución bruta mensual: 2.500,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Xornada laboral: 37,5 h/semana
Consulta toda a información no seguinte enlace:
CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 12/26 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN